domingo, 29 de xaneiro de 2017

Tocándolle a gaita ás sereas

Mire que lle digo, Don Manoel! Xa van alá unhas semanas faleille do día no que o Tiniño case que vai parar ao mar coa perna collida na tralla da rede, e, sen vir moito a conto, faleille do gaiteiro Ubaldo que tocáballe a gaita as sereas na praia de Praceres de Pontevedra. E non é que un saiba moito de sereas, senón que un, como as rapaciñas da Guarda, son de moito palique, e din en falar cun tamén Don Manoel coma vostede, Manoel Lourenzo, que como coñece moi ben a boa vila de Pontevedra, contoume moi polo miúdo a orixe do relevo do gaiteiro de poboado mostacho, que adorna a casa da actual rúa do Barón, mesturando con moito tino as orixes de varios senlleiros liñaxes galegos, sinaladamente os Mariño de Lobeira, e a presenza de sereas nos seus escudos nobiliarios. E, mire que lle digo, Don Manoel, que neste día de sosego, a historia de Ubaldo, que comezou a súa andaina no exército de Pedro “O Cruel”, foi feito prisioneiro dos mouros, aprendeu con eles o oficio de construtor de instrumentos de vento, e volveu a terra para montar un obradoiro de gaitas, coas tristes consecuencias que tan marabillosamente o seu  homónimo describe, pareceume moi acaído.

A historia completa do gaiteiro Ubaldo en:

Ningún comentario:

Publicar un comentario