¡Mire que
lle digo Don Manoel! Que onte estaba eu, coma teño por costume, xogando ao mus cos
amigos, cando na mesa do lado puxéronse a dar voces unha xente de boa condición, rifando por cousas sen moito sentido para min. Cousas que vostede, Don Manuel, que anda argallando sempre nos libros, seguro que me pode poñer mais ás claras, porque, a disputa viña, segundo crin entender, por se a razón a levaba un tal Agamenón ou o seu porqueiro, cousa que me sorpredeu, porque aquela xente non tiñan traza de de saber de porcos mais que cando o tiñas servido nun prato; e Don Manoel, dicían os uns de que nunca tan ben se vivira en España coma con Filipe
e replicaban os outros que cando si que a xente vivira ben era con Aznar. O porqueiro non sei que dicía, porque debía ser
da terra. E, mire que lle digo Don Manoel!, que para o meu entender, a xente da súa condición sempre
viviron ben; co da chaqueta de pana, co do bigote, co das cellas, ou co da barba, que o único que lles mete medo é que veña alguén a remexer nos seus apaños. E
digo eu que xa teñen que ter medo!, porque isto, se está de vir, ven.