Amosando publicacións coa etiqueta onde hsai patrón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta onde hsai patrón. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de novembro de 2016

Volvendo as andainas!

Mire que lle digo, Don Manoel! Fágolle caso; deixo, por un tempo, de facer coma a andavía espantando aos poucos lectores que lle seguen nas miñas arroutadas, e volvo as andainas do noso benquerido Tino, o A-ver-o-mar, no Gran Sol. Non sei se xa lle contara, Don Manoel, que poucos mariñeiros experimentados levabamos naquelas tripulacións; moitos, subían a un buque por vez primeira, e dos que xa navegaran antes, boa parte non sabían nada das faenas de pesca. Pero eran tempos de moita fame, e aínda que algún intentara advertirlles de que cando firmaban o rol cunha xis, estaban a firmar a súa sentenza de morte, non lle farían caso; morrer hai que morrer e no buque a comida non faltaba. E, mire que lle digo, Don Manoel! Que aínda que “onde hai patrón non manda mariñeiro” non é menos certo que onde hai armador o patrón non manda un carallo.