Amosando publicacións coa etiqueta moito señorito. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta moito señorito. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de novembro de 2016

Un paternóster polos mortos na guerra!

Mire que lle digo Don Manoel! Que en Bouzas, ademais de mariñeiros, labregos e obreiros do naval e da conserva, sempre houbo moita xente de orde. Xente daquela que prefiren a inxustiza ao desorde. Moito señorito dos que logo afundiron as conserveiras, os estaleiros e as armadoras que herdaron dos seus pais. Señoritos que se xuntaban no cuartel da Falange, que estaba na casa que fora do Concello cando Bouzas o tiña de seu, para encherse de viño e carraxe que lle deran valor abondo para ir a facer as sacas. Axudados polos de predicar a Cristo e vivir coma Dios, algúns por fas, como o Padre Parada de Bouzas, e outros por nefas, como o Padre Comesaña de Alcabre. Don Manuel, que tal era o seu nome, negouse repetidamente a estender os certificados de boa conduta de moitos perseguidos que nunca se meteran en nada, soamente porque non eran de igrexa, firmando de feito as sentencias de morte. Del é a frase que vostede leu neses papeis: “un paternóster polos mortos na guerra; menos polos mortos das cunetas”.