Amosando publicacións coa etiqueta Moisés Álvarez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Moisés Álvarez. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de novembro de 2016

Moito galo para tan pouca galiña!

Mire que lle digo, Don Manoel! Que aquela noite na illa de Medal, na que Don Manuel Quiroga aprendeulle a Muiñeira de Ponte Sampaio ao noso gaiteiriño Averomar, campaban moitos galos naquel poleiro; a dicir del, demasiado galo para tan pouca galiña. Dos mais non sabía o nome, pero había un ao que acaíalle, coma chovido do ceo, o dito aquel de “diñeiro e santidade, a metade da metade”. Moisés Álvarez O’Farril, era o seu nome, e Don Antonio Medal lle cedera un pequeno forno en Arcade, licenza industrial incluída, orixe da gran empresa de cerámica que Don Moisés montaría nos setenta. O pai de Don Moisés era, cousas da vida, de Gomesende, na Terra de Celanova, e emigrara a Cuba, onde casara cunha afrocubana de apelido irlandés, Clara O´Farril, da que Don Moisés herdara ese aspecto de mulato subido que tanta risa lle daba a Don Antonio, lembrando que fora quen de sacarlle cartos ao propio Franco, aínda que fora a costa dalgunha vaixela de Santa Clara para Dona Carme. Un día Don Moisés enfermou a empresa quedou nas mans dos seus dous fillos. E, mire que lle digo, Don Manoel, que moito me acordo do que dicía o seu pai, falando das empresas familiares: “a primeira xeración funda; a segunda engrandece e a terceira derruba”!