Amosando publicacións coa etiqueta Aitor Tilla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aitor Tilla. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de abril de 2017

Falando de onomásticas!

Mire que lle digo Don Manoel! Que nisto dos nomes tamén hai xente que teñen ganas de amolar! Que se un apelídase Tilla ou Menta non lle pode poñer ao seu fillo Aitor, por moi vasco que sexa. Non é que eu faga a comparanza co da súa Dona, pero tamén é de aborrecer unha onomástica que cambia todos o anos en función da Semana Santa! Unha das cousas que mais chamaba a atención dos mariñeiros de Cork, cos que compartiamos unhas pintas na taberna que eles chaman Pub, é os nomes das nosas mulleres: Socorro, Esperanza, Amparo, e así ata cen. Menos mal que o hipocorístico de Dolores é un nome tan fermoso coma o da súa muller! E, mire que lle digo, Don Manoel! Que xa sei que non está vostede hoxe, man sobre man coma a muller do escribán, e que ten moito que facer, e deixarei para outro día o falarlle dos zoónimos, ideónimos, ecodomónimos, astrónimos, naónimos e eclesiónimos, que hoxe non quero outra cousas que desexarlle moita felicidade á súa Dona Loli. Que vostede a comparta durante moitos, moitos anos, e eu que a vexa!