Mire que lle digo don Manoel! Veño de ler hoxe, non sei moi ben onde, algo que considero especialmente acaído ao momento, aínda que non esta escrito especialmente para el. Fala de meritocracia, intentando explicar aplicando as leis de Newton, as razóns polas que o cumio das organizacións políticas e empresariais do mundo enteiro están indefectiblemente ocupadas polos máis inútiles e canallas.
O artigo está, don
Manoel, escrito por un dos seus.
....A brecha —refírese á brecha aberta entre os que
valen e os que ascenden, na pirámide empresarial, política ou social— vaise
alargando por unha razón moi importante: outra forza que actúa á súa maneira na
dinámica. A tendencia insoportable, inaceptable, enervante, molesta, e
directamente descualificadora para o ascenso, que temos os técnicos a empregar decote
a palabra maldita: NON.
“A
fotovoltaica non produce de noite. A eólica non produce se non hai vento. As
renovables eléctricas intermitentes e descontroladas non son a solución que
necesitamos.
Ven agora a
mellor de todas:
— Non vou dar permiso para construír un
centro comercial cun aparcamento subterráneo nunha zona inundable.
Para min, don
Manoel, que o redactor do opúsculo acerta. Non gusta nada aos que mandan que un
subalterno, opóñase ao desexo do seu supremo superior. E se logo pasa o que
pasou a culpa será, unha vez máis, do condutor do tren.