Mire que lle digo don Manoel! Sinto que esta xa non é a nosa taberna, que nola están furtando os turistas! Vexo que a xente de hoxe valora máis o que ten diante que o que ten que buscar; a satisfacción inmediata dos desexos por riba dos encantos da procura! Alá atrás estabamos ben tranquilos no noso acubillo da taberna do Mincha; tan agachada estaba nunha calexa do interior da vila, que a posibilidade de que entrara algún cliente despistado era pouco menos que remota. Na do Miguel a fuxida do mundo actual, e a busca dun equilibrio interior son pouco menos que imposibles.
E se a Sefa e o Farruco
cultivaban con desvelo este carácter de lugar de paz, sabedoría e lonxevidade,
este Shangri-La de serenidade no que desenvolvéronse os nosos parrafeos destes anos,
o Miguel —ao que a reforma do paseo marítimo veulle como funil en botelo— non
está por estas de manter a taberna na categoría de destinos lendarios, aos que
só se pode acceder tras un longo camiño espiritual. Moito me temo que un día
non moi afastado o Miguel non terá outra que ceder ao imperio da realidade, e
pechar o contrato para instalar no local as billas de cervexa, acompañadas das mesas
con parasoles na terraza, cando cada día vende máis cervexa e menos viño deses
pipos de treixadura que os máis dos clientes pensan que forman parte da
decoración.
E ben sei que
detrás da cervexa entrará o televisor, có fútbol, o «regatón» e os programas de
xentes que falan pero non se escoitan. Mais eu xa non estarei aquí!
Vaites, vaites
don Manoel! Que non van por aí os tiros! Simplemente buscarei novo acomodo. E
cambiando de tema: así que o Xurxo, o seu monitor, botou de menos na historia
do Canducho, meu compañeiro de mareas no Gran Sol, a presenza do 73, o seu
número favorito. Xa vexo que temos un devoto máis na confraría! Outro que
tampouco é inmune ao feitizo dos números. E por que o 73?
Pois non coñecía
a serie, pero polo que me conta ten boa traza. E bo título: A teoría do «Big
Bang»! O detalle de que sexa precisamente no episodio 73 no que o personaxe de Sheldon
Cooper di que o 73 é o mellor número, houbéralle encantado ao Canducho! E
non digamos que o 21 sexa tamén un número primo! E que o seu número espello, o
37 sexa o doceavo da serie; e que o seu número espello, o 21, sexa o produto de
multiplicar sete por tres!
Escriba, escriba
que se lle vai esquecer! Dítolle do seu teléfono móbil:
—
O
73 é ademais un primo de Stern, o que significa que non pode expresarse como a
suma dun número primo e o dobre dun cadrado (por exemplo, p+2k2).
—
En
matemáticas, o 73 é un primo de Eisenstein —este non será primo do famoso director de
cine?— sen parte imaxinaria, da forma 3n-1.—Don Manoel isto non llo
entendo nin un pouco!
—
O
73 pódese expresar como a suma de dous cadrados: 82 + 32
= 64 + 9 = 73. —Menos
mal! Isto si que o entendo.
— En código binario, 73 escríbese como «1001001».
Este número é un palíndromo, o que significa que se le igual de esquerda a
dereita que de dereita a esquerda.
E mire que lle digo, don Manoel! Non sei se despois de todas estas explicacións o seu adestrador persoal o vai seguir mirando con bos ollos pero, se tal é o caso, convídeo un día para pasar por esta taberna, polo menos mentres o Miguel siga conservando o bo viño e a súa muller a man excelsa para a cociña.
O bo
tempo está no pote,
que en
habendo de comer.
chova ou
trone, vente ou neve,
ese bo
tempiño é