Mire que lle digo
Don Manoel! A Alameda era no meu tempo o lugar de reunión de boa parte da
rapazada de Bouzas. O normal era que as raparigas xuntáranse na zona mais
achegada ao Banco para xogar ás súas cousas e os rapaces pola da perruquería
Rial, porque sempre se fixera así, que os xogos coma a mariola, a corda, a
goma, as catro esquinas, as cociniñas, eran xogos de nenas e os birlos, as
carrilanas, o cravo ou a billarda, de nenos.
Recordo que unha
das cousas que mais chamaba á atención á xente que viña xogar á Alameda por vez
primeira, era o feito de que canda seu xogo tiña a súa propia época do ano.
Cando tocaba xogar ao guá, todos chegabamos coas bólas, e cando tocaba xogar ao
trompo, coa buxaina, e así con tódolos xogos, coma se tiveramos un calendario
na cabeza.
Eu era moi bo no
xogo do Guá, porque pillara unha bola de aceiro dun rodamento que me deran no
taller de Reyna, e con ela desfacía as bolas de barro dos outros xogadores, e
estragaba as de mármore e vidro. Aínda lémbrome dos toques que tiñas que dar
para quedar coa bola do compañeiro: “primeira, segunda, terceira, truque, máis
truque, pé, paso de bóla e carambola”, que era cando metías a bóla no guá.
Tamén era bo
xogador de billarda, que nos chamábamos pateiro. Para nos a billarda era un pau
dunha cuarta, afiado nos extremos. Para xogar metíamos a billarda no buraco do
guá e o golpeabamos no extremo saínte co palán, outro pau dunha catro cuartas,
intentando facelo brincar. Cando a billarda está no aire se batea co palán, e o
xogador que consiga que chegue mais lonxe é o que gaña. Se antes de que chegue
ao chan non é atrapado no aire polo xogador do equipo contrario!
E, mire que lle
digo, Don Manoel! Falando agora destas cousas paréceme sentir o recendo da miña
infancia, feita de miseria e amargura, pero tamén de sal, de peixe fresco, de
tanino e alcatrán, e, sobre tódalas cousas do amor da miña nai.
Miña nai, miña naiciña
Coma a miña nai, ningunha
Que me quentou a cariña
Co calorciño da súa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario