Evidencia abondo deberan ser as peripecias de Filipe o curmán de Tiniño e coleccionista de aras sepulcrais, do Deán do Mosteiro de San Rosendo, experto en latíns, de Camilo Campos Méndez, barbeiro nado en Celanova, e morto no bou EVA, de Faustino e Teresa, pais da escritora galego/cubana Anisia Miranda, compañeira de Neira Vilas, de Manoel Castro González, “O gaiteiro de Penalta” nado en San Pedro de Mourillós, de Manuel Álvarez, o pai de Moisés Álvarez O’Farril, que era de Gomesende, e de Lisardo o camareiro do Derby de Vigo, que era de Bangueses.
Peripecias de Milagres, a dos andares feiticeiros, que deixou ao noso gaiteiro por casar cun boticario de Xinzo de Limia, da súa nai e as catro irmáns, señoritas de caldo á merenda, de Marcial e a súa filla que tocaba o bombo … E as do meu ben querido Tiniño, que era de Santa Olaia de Portela pero que amaba tanto o mar que ese amor case que lle custa a vida.
Onde tocaches, gaiteiro?
Eu toquei de mar a mar.
Moito andiveches, gaiteiro,
pouco puideches tocar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario