martes, 1 de marzo de 2022

Homenaxe urxente a Carlos Álvarez, poeta.


Mire que lle digo don Manoel! Seica morreu hoxe don Carlos Álvarez, o grandísimo poeta comunista.

Non don Manoel. Non tiven a sorte de coñecelo máis que nos seus versos, pero sei por outras persoas de toda a miña confianza, que tiveron máis fortuna que eu que era aínda máis grande que os seus poemas.

Non don Manoel, non tema. Non vou facer unha oda fúnebre ao uso. Soamente quero recitar hoxe e agora, nesta taberna nosa que tan pouca poesía escoita, unha estrofa do seu “Autorretrato machadiano” no que fai referencia ao seu pai, un capitán da Garda de Asalto fusilado polos rebeldes pola súa fidelidade á República, e o poema "Diálogo en la orilla".

Escoite, don Manoel, o que di o primeiro:

Mi infancia son recuerdos de un muro de Sevilla

y el desplomarse lento de un hombre acribillado.

También mi joven árbol se estremeció en Castilla

por un viento impreciso, mejor para olvidarlo.

No segundo poema, "Diálogo en la orilla", un labrego e un mariñeiro cruzan os seus camiños. O labrego vai cara ao mar, e o mariñeiro cara á terra, cada un deles na procura dun traballo que sexa mellor que a escravitude da que veñen e que tan ben coñecen. 

¿De dónde vienes, hermano?

−Hermano, vengo del mar.

−Y yo vengo de la tierra;

de la tierra: de sudar.

−La tierra vengo buscando.

−Y yo voy buscando el mar

porque en tierra he sido esclavo.

−Yo he sido esclavo en el mar.

−La tierra, hermano, te guarde.

−Hermano, guárdete el mar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario