Mire que lle digo, Don Manoel! Cando alguén morría na aldea a práctica
totalidade dos veciños se reunían na casa do finado para acompañar á familia
durante toda a noite. Se coloca ao defuntiño sobre a cama vestido co seu mellor
traxe, e a xente vai entrando na alcoba para despedirse do defunto comentando o
bo que sempre foi e a grande perda que é para todos. As mulleres quedaban a
rentes do defunto rezando un rosario tras doutro namentres a maioría dos homes
retirábanse a outra habitación para xantar e beber en homenaxe ao morto.
A cousa é que neste velorio entre os homes que quedaron a rezar estaba Fuco
O Tatexo, e cando chegoulle a quenda
de rezar o seu misterio non da arrancado. A xente remóvese inqueda nas bancas e
tallos. Entón se escoita a voz da tía Socorro, que non pode aturar mais e
bérralle:
-
Fala
ou rebenta, cona!
E mire que lle digo, Don Manoel! Ata a familia do
morto tivo que escachar coa risa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario