Mire que lle digo Don Manoel! Se non lle importa ímonos para aquela outra mesa que estes de aquí xa me teñen mais canso que un raposo vello corrido dos cans. Que as veces pásame coma aos carros que de baleiros non dan nin chío e cando van cargados todo son queixas. Os moitos anos que cólmanlle a un o peito de rarezas! Cousas que de común nin me chaman a atención, en ocasións fanme encher a gorxa de carraxe e non son quen de as tragar.
Ti houberas feito o mesmo;
máis vale o malo coñecido que o bo por coñecer; pensa mal e acertarás; coa que
está a caer. Veña a trillarme
os oídos coma quen maza nun polbo! Arrastrados se vexan coma as cóbregas esa cuadrilla
de moinantes que saben máis doutrina có abade! Que o de ti houberas feito o mesmo, as mais das veces non deixa de ser unha escusa
para a covardía, o máis vale o malo
coñecido que o bo por coñecer para seguir votando sen remorsos aos mesmos
corruptos, e o pensa mal e acertarás
para xustificar a miseria moral e a intolerancia.
E, mire que lle digo Don Manoel! Falarlle de a que está a caer a xeración que sufriu a violenta represión física,
económica, política e cultural da longa
noite de pedra, que aínda dura, non deixa de ter o seu aquel!
Veño dunha romaría,
dunha romaría noutra;
veño dunha romaría
e mañá
vouche pra outra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario