Mire que lle digo, Don Manoel! Ao señor Xosé lle saíra un fillo inútil. E o
feito tiña a Don Xosé mais amolado que tres nun zoco, non tanto polo feito en
si, que iso lle pode pasar a calquera, senón polo moito que tiña que aturar o
fachendear dos seus amigos, que pasábanlle polos fociños os éxitos dos seus
fillos, que estudaran carreiras de prestixio e tiñan postos de moito
predicamento na administración pública ou nos negocios.
Cando morreu o Ditador e se legalizaron algúns partidos políticos o Xan,
que tal era o nome do fillo do señor Xosé, meteuse en política a falta doutra
ocupación mellor, e tanta labia tiña e tan ben mandado era que en pouco tempo
ascendeu ata os postos de mais relevancia e irresponsabilidade dentro do
partido, asombrando a propios e alleos co seu arte para esquivar os problemas no
seu labor de goberno.
Nestas estabamos cando un día chegou a casa do político un informático das
novas xeracións do partido que tiña a misión de completar o currículo do persoeiro.
Coma o agora Don Juan non estaba na casa atendeulle o señor Xosé que estaba no alboio
da casa tallando leña para o inverno, coa súa irmá Socorro.
-
E
logo, Don Xosé. O seu fillo que carreira ten?
E antes de que Don Xosé argallara unha resposta axeitada, a tía Socorro, sen
erguer a vista do feixe de leña que estaba a recadar sentenciou:
-
A de
rozador de toxos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario