Mire que lle digo don Manoel! Pode chamarme conspiranoico pero teño para o meu caletre que todo isto da letra
da marcha real, que himno nono foi endexamais, está argallado polos que de
verdade mandan, e que xurde neste intre e neste lugar concreto, a capital do a por eles!, para agacha-las vergonzas
deste desgoberno de corruptos, coma un capítulo mais da comedia do 1-O, que xa
na data levaba escrito o resultado, coa que nos teñen enguedellados e desmobilizados.
Porque, mire que lle digo don Manuel, se esa rapariga, á que lle brillan dous
colores no seu corazón, e polos que non pide perdón, malia o dístico atroz, ama
tanto a esa patria na que deus, con especial munificencia, a fixo nacer, ben
podía amar tamén ao resto de habitantes desa Hespaña, con hache aspirada, na
que quere que lle garden un sitio para descansar, e pagar aquí os seus
impostos.
Teño unha herba na horta
Que lle chaman o desdén,
Cantes o que cantes, moza
A
min pouco che me ten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario