Mire que lle digo, don Manoel! Que veño hoxe cos illares crebados de tanto rir
co que contoume a Laura, unha rapariga ben garrida, que ten un posto de peixe
no Mercado de Bouzas.
Eu non adoito a preguntar prezos nin calidades, que de prezos a Laura ben
sabe que non son de regatear, que se os cartos me chegan para o que quero,
merco e se non me chegan marcho sen el, e de calidades pouca cousa me poden
aprender; pero o mariñeiro do conto de Laura non tiña o mesmo costume, e
dirixiuse a ela sinalando con índice a un dos grupos de peixes do posto.
-
Mira rapaza,
a como tes esa xouba?
-
Non é
xouba, meu señor, que é chincho!
-
Que
chincho, nin que raios! Vasmo dicir a min que andei a navegar toda a vida!
-
Pois
logo, non lle digo nada, meu señor! Mais que a xouba está a 12 € o quilo e o
chincho a 6 €
-
Un
pouco caro, me parece …
-
Caro
ou barato, por menos non llo dou.
-
Veña
logo un quilo de xouba.
E deulle os chinchos, que chinchos eran, e cobroullos coma xouba, que outra
cousa non merecía por sabichón e petulante.
-
Navegar,
navegaría, pero o peixe que sinalou chinchos era, e seguirían a ser chinchos, por moita auga
salgada que trouxera no bigote!
Teño
xoubas, teño chinchos.
Teño
sardiñas tamén!
Son
da lancha do meu home
Quen
a min me quere ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario