martes, 29 de novembro de 2016
Volvendo as andainas!
Mire
que lle digo, Don Manoel! Fágolle caso; deixo, por un tempo, de facer coma a
andavía espantando aos poucos lectores que lle seguen nas miñas arroutadas, e volvo
as andainas do noso benquerido Tino, o A-ver-o-mar, no Gran Sol. Non sei se xa lle
contara, Don Manoel, que poucos mariñeiros experimentados levabamos naquelas
tripulacións; moitos, subían a un buque por vez primeira, e dos que xa navegaran
antes, boa parte non sabían nada das faenas de pesca. Pero eran tempos de moita
fame, e aínda que algún intentara advertirlles de que cando firmaban o rol
cunha xis, estaban a firmar a súa sentenza de morte, non lle farían caso; morrer
hai que morrer e no buque a comida non faltaba. E, mire que lle digo, Don
Manoel! Que aínda que “onde hai patrón
non manda mariñeiro” non é menos certo que onde hai armador o patrón non
manda un carallo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario