Mire que lle digo, don Manoel! Ben quixera hoxe ser como un deses poetas amigos
seus, que son coma trasnos das palabras e argallan nun dicir amén unha fermosa
copla coa que deixan a toda a parroquia coa boca aberta coma unha vaca mirando
para o tren. Pero vai o vello morrendo e vai aprendendo, e se non son quen de
maquinar eu algo acaído para esa rapariga bonita coma un raio de sol despois da
treboada, o son de lembrar algunha copla popular que lle asente coma unha luva.
E, mire que lle digo, don Manoel! Onde letras falan, barbas calan!
A moza que é caladiña
E non di mal de ninguén
Canto mais baixiño mira
Tantos mais amigos ten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario