E, xa sabe Don
Manoel, contra da explotación dos traballadores xurde a imprescindíbel organización
deles. E o meu pai estivo nesas, na
organización do Sindicato da Industria Pesqueira da CNT e do Ateneo
Sindicalista Libertario. Da Sección Flota Pesqueira da Confederación Rexional
Galaica e de redactor do seu voceiro El
Despertar Marítimo.
A tensión social entre
armadores e o pobo chegaron ao seu máximo cando no Pueblo Gallego do 14 de febreiro de 1930 publicaron a noticia do
afundimento de catro pesqueiros de Bouzas, que faenaban en parellas preto das
Illas Canarias. A faena en parella, Don Manoel, é sempre perigosa pero moito
mais con mala mar, buques ruíns e tripulacións sen experiencia. Houbo un plante
dos vapores de parella de Bouzas, pero a xente volveu ao mar con pouco ou nada
conseguido. O plante repetiuse no verán de 1931, apoiando a durísima folga da conserveira
Alfageme. As folgas pola mellora das condicións de traballo nas Parellas continuaron ao longo da segunda
metade de 1932. Alá por novembro dese ano o avogado Valentín Paz Andrade foi vítima dun atentado cando saía dun café na
rúa Fermín Galán, por uns pistoleiros que ninguén identificou. Coma daquela o
avogado representaba aos armadores de La
Marítima, na folga de mariñeiros do Sindicato
de Industria Pesqueira da CNT, a conclusión doada era que os autores
materiais dos feitos eran os militantes anarcosindicalistas Vicente Vales Lorenzo, directivo do
sindicato, e mais Emilio Costas Fernández.
E mire que lle
digo Don Manoel! Vicente e Emilio estiveron na cadea até o xuízo, do que saíron
absoltos. Xuízo ao que Valentín Paz Andrade
non asistiu, pois estaba en Portugal preparando as eleccións xerais!
Catro
gatos nun tellado,
cada
gato mira a tres,
adiviña
rapaciño,
Canta gatería é?
Ningún comentario:
Publicar un comentario