martes, 15 de decembro de 2020

A taberna do Mincha.


Mire que lle digo don Manoel! Din que “Nunca é tarde cando a dita é boa” pero tamén que “canto máis tarda máis xea” e que “o que tarde vendima, cómenlle ás uvas e cáganlle nas viñas”, porque para a sabedoría popular cada paremia ten a súa oposta e cada verdade ten a súa verdade oposta, que na vida poucas certezas hai, e que ten menos perigo o que nunca leu un libro que o que leu un so e pretende queimar tódolos demais.

E todo isto a conto de que? Pois que (non sen tempo!) xa chegou a Cartabón (permítame don Manoel que me sinta un pouco autor tamén) o noso libro “A taberna do Mincha”. O que ven a ser as “Crónicas dun filósofo tabernario 2”, que tal nome tamén leva, por mor de darlle un certo vincallo coa nosa primeira colección de relatos á que vostede deu en chamar “Mirequelledigo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario