Mire que lle digo Don Manoel! Que en Bouzas, ademais de mariñeiros,
labregos e obreiros do naval e da conserva, sempre houbo moita xente de orde. Xente
daquela que prefiren a inxustiza ao desorde. Moito señorito dos que logo
afundiron as conserveiras, os estaleiros e as armadoras que herdaron dos seus
pais. Señoritos que se xuntaban no cuartel da Falange, que estaba na casa que fora
do Concello cando Bouzas o tiña de seu, para encherse de viño e carraxe que lle
deran valor abondo para ir a facer as sacas.
Axudados polos de predicar a Cristo e vivir coma Dios, algúns por fas, como o
Padre Parada de Bouzas, e outros por nefas, como o Padre Comesaña de Alcabre.
Don Manuel, que tal era o seu nome, negouse repetidamente a estender os certificados
de boa conduta de moitos perseguidos que nunca se meteran en nada, soamente
porque non eran de igrexa, firmando de feito as sentencias de morte. Del é a
frase que vostede leu neses papeis: “un paternóster polos mortos na guerra; menos
polos mortos das cunetas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario