Pero tamén teño para min que o seu alcalde, meu non é que eu son de Bouzas,
é unha persoa moi lista e algo debe ter argallado. Que se foi quen de sacar
unha carreira, aínda que a de económicas sexa máis de letras que de ciencias,
será quen de interpretar un plano, ou unha infografía desas que aínda son moito
máis doadas de entender, como para ter claro como o sol de mediodía que o que
anda a artellar na Gran Vía e a rúa de Don Bosco repugnan aínda ao gusto máis
pailán.
Será, don Manoel, que don Abel sabe que a cidade de Vigo ten moitísimos
máis habitantes que cidadáns, e que o xeito de gañar a alcaldía é adular os
máis baixos instintos da plebe co consabido “panem et
circenses”?
Ningún comentario:
Publicar un comentario