Mire que lle digo
Don Manoel! Que, polo menos na nosa terra, mouros e musulmáns non son a mesma
cousa. Sarracenos, árabes, ismaelitas, agarenos ou mahometanos, sonche esa
xente que nos mete o medo que nos deberan meter algúns mais achegados, os seguidores
dun profeta analfabeto afeccionado a casar con viúvas, naturais ou á forza. Mouros,
pola contra, son os construtores ancestrais, os outros, os estraños, os
habitantes da Galicia dos castros e das mámoas, e construtores de túneles cheos
de tesouros que lles permiten ir dun a outro sen ser vistos. Seres que deixaron
a súa escrita nas rochas, nunha linguaxe que ninguén pode entender que que os
estudosos chaman petróglifos. E coma os galegos somos afeccionados a estes
paradoxos, tampouco as Mouras son as mulleres dos Mouros, senón espíritos da
natureza, do mundo dos Elementais, os seres espirituais vencellados aos catro
elementos, terra, aire, fogo e auga. As Mouras, mulleres de grande fermosura, se
lle aparecen ao camiñante á beira de ríos, lagoas, estanques ou fontes,
“Os
cabelos[1] peitando, c´un lindo peine d´ouro que
deslumbraba o mirarlo”
Ás veces as Mouras
aparecérselles aos homes en forma de serpe dicíndolles que para rachar o
encantamento tiña que lle dar nove bicos na boca, e se o facía, casaría con ela
e faríase rico ao desencantarse de vez os seus tesouros.
“O que me desencantare,
nove bicos na boca me ha de dare”
E, mire que lle
digo Don Manoel! Que algunha eiva ten un na súa educación cando sostén que os
verdadeiros tesouros das mouras sonche as tradicións populares que hai arredor
delas!
Ilustración: Moura da Pena furada (Coirós. A Coruña)
Ningún comentario:
Publicar un comentario