Mire que lle digo Don Manoel! Iso que lle din que compre vivir a propia
vida e non a dos demais, non deixa de ser unha desas receitas para a felicidade
que espallan as revistas de perruquería! Que a felicidade non ten por qué ser necidade
nin arreda para fuxir da realidade. Que a dor dos demais non reclama a propia
desgraza, que coller unha talladiña deste polbo e beber un grolo de viño non fai
medrar a fame no mundo, pero ese ensimesmamento na felicidade propia que predican
eses profetas do individualismo métenme mais medo que o ouvear do lobo, que o ollar
para outro lado diante da inxustiza trae o tipo de felicidade estúpida que unha
maioría tiña con Franco, Hitler e Mussolini.
E, mire que lle digo Don Manoel! Que si aos poderosos lle interesa que cada
quen se preocupe soamente da súa mínima leira de conforto, a nosa obriga é a de
apostar pola solidarizade, que é o noso instrumento de combate contra a desigualdade
social. E calo xa! Que non quero ser coma o ruín gaiteiro: un peso para que toque e dous para que pare, e convídolle a cantar
comigo aquela de:
Hei
de ir as feiras e as romarías
Come-lo
polbo e outras cousas finas
beber
bo viño, falar coa xente
e
ouvir a gaita do Señor Vicente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario