luns, 20 de marzo de 2017
As calamidades do Marcial
Mire
que lle digo, Don Manoel! Deixar o Chao de Pousadoiro e comezar as calamidades,
para o gaiteiro Marcial foi todo un. Con todo, o marchar a outras terras era inescusable!
Por moi ben que o estivera a pasar o Tiniño no taller do Sr. Seivane, por moito
que os pulmóns do Marcial non acabaran de estar ben de todo, o 14 de agosto,
festa de San Roque en Meira, estaba en portas, e era moito o que podían perder
se desperdiciaban tamén aquela data. E algunha outra razón mais!, confesoume o
Tiniño cun sorriso pícaro, que coa enfermidade do Marcial non fixo falla que alargaran
os pés máis do que dá a manta para quedar moi cedo sen cartos cos que pagar o
aloxamento. E xa se sabe que cando se ausenta o medio acordado para almacenar o
valor compre recorrer á economía de troco. Así que unha noite o Tiniño e a Señora
Carme, a muller que dáballes albergue, e que tiña ao seu home facendo ás
Américas, acordaron sen necesidade de contratos falados ou escritos, aliviar
mutuamente os moitos calores, e a débeda quedou pagada a satisfacción de entrambos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
A TIRANÍA DO MERCADO!!!!!
ResponderEliminar