Mire que lle digo, Don Manoel! Que coma din en
Bouzas de arriba, os cartos non medran coma a masa na artesa, e para enche-la
faldriqueira do Tiniño cumpría exerce-la recén estreada categoría de gaiteiro.
Os traballos concertados estaban agardado por un gaiteiro, e un gaiteiro
terían. Caixa había, aínda que non quen a tocara, que sería preciso ensinarlle
o oficio a un neno, preferentemente orfo e afeito a pasar fame. A falta do
bombo tiña menos importancia, que gaiteiros solistas acompañados de tamboril e
bombo eran os menos, que bombos so eran comúns nos cuartetos de gaitas, nas
"bandiñas" e nas "charangas”, e unha boca mais a chuchar
da gaita era unha chamada á fame de todos. Así que o gaiteiro recadou gaita e
tambor, e colleu cara a Láncara, a terra do pai de Fidel, onda tiña que
chegares para a feira do 24. Iso apartáballe un pouco do camiño cara ao mar, pero
o achegaba a súa Santa Olaia de Portela, onde podería coller acougo na casa dos
tíos e, quen sabe se atopar un rapaz espilido e con gañas de ver mundo para toca-lo
tambor.
E ti qué fas, gaiteiriño,
Agora que ven o vran?
Todos sachando no millo
E ti
coa gaita na man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario