Mire que lle digo, Don Manoel! Que a tarefa de
hoxe e ben complicada, coma busca-la manteiga no fociño dun gato! Que se lle
pode regalar a alguén coma Don Alejo, que regala a cotío montes e moreas de arte,
sensibilidade, sabedoría e ben facer? Unha persoa boa, aberta, creativa, ponderada,
culta, franca e honesta. Que, coma tódolos grandes artistas, é humilde e achegada,
disciplinada pero xusta e razoable, laboriosa e capaz, recta e leal, entusiasta
e organizada. Non sei, non sei! Aínda que…
Mire que lle digo Don Manoel! Que, de súpeto, veume coma un lostrego as mentes
o final do poema de Rosalía, Rosa de Abril, que di:
Cunha chave para ó abrir.
Nin eu teño mais que darche
Nin ti mais que me pedir.
Co afecto
dos seus amigos Don Manoel, Dona Loli e deste que escrebe, Mirequelledigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario