Mire que lle digo Don Manoel! Que moito me gusta o costume de cada vez mais
xente de falar de Matria en troques de Patria, que eu son dos que cando escoita
a palabra patria sempre cre que alguén vai a tirar de pistola. E o de matria fálame
doutra realidade, doutro espazo, un que non ten que vez coa terra que o viu
nacer, nin coa lexitimidade de calquera Estado, senón cun lugar interior no que
latexa á terra do sentimento.
E, mire que lle digo Don Manoel, que eu non quero ser tan insensato coma as cabras de Pedro Botelo, que van tarde e volven cedo, e citarlle a Plutarco ou a Virginia Woolf, que tamén falaban desas cousas, pero si ao noso Don Ramón de Cabanillas cando
cantaba:
¡Galicia!
Nai e Señora,
sempre
agarimosa e forte;
preto
e lonxe; onte, agora
mañá... na vida e na morte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario