Mire que lle digo, Don Manoel! O café de moita sona no que traballaba o de
Bangueses, coma xa terá adiviñado, era o Derby de Albino Mallo, do que xa lle
contara a triste historia do Ferreira, aquel camareiro moi mirado e cumpridor
que morreu sentado na cunca do váter un 31 de decembro cando tiña que entrar de
quenda.
Daquela o Derby seguía sendo moito
mais que un café, o punto de encontro de artistas e escritores, Cunqueiro, Castroviejo,
Celso Emilio Ferreiro, Laxeiro, Colmeiro,
Urbano Lugrís ... e agocho de
conspiradores políticos na clandestinidade.
E fogar da música e os músicos, tamén! Que cando no 36 os músicos do Trío
Corvino, que sempre pasaban a temporada de verán acompañados pola familia actuando
no Derby, víronse na imposibilidade de retornar a Madrid por mor do golpe
militar, Don Albino amplioulles o contrato, para que seguisen actuando ata que
rematou a guerra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario