Mire que
lle digo Don Manuel! Alguén preguntou que é iso de que os “pantocazos afrouxaban os roblóns” Un pantocazo é o golpe que da o casco
dun buque ao bater contra das ondas do mar. É un termo derivado de pantoque que é a parte curva do casco na
obra viva, é dicir a parte que vai somerxida. Un roblón, é unha peza cilíndrica con cabeza semiesférica que ten coma
misión unir firmemente dúas chapas metálicas. O dicionario da RAG non recolle
esta palabra nin o portugués rebite, o seu equivalente mais achegado. En moitas
entradas de internet dáse coma equivalente a remache, pero iso non é certo. A
diferenza é que a unión remachada faise en frío e a roblonada en quente. Exemplos
de construción roblonada son o TITANIC, a Torre Eiffel, a ponte Golden Gate, e
mais achegado a nos, temos, ou mellor tiñamos, o Bernardo Alfageme, xa que na
reparación que se lle fixo en Cardama empregouse a soldadura en troques do
roblonado, que é unha técnica complexa e custosa. Algunha xente pensa que os roblóns
tiveron un importante papel no afundimento do TITANIC.
Coma xa che contéi na comida.... Vaia pantocazos daba aquel petroleiro alemán no que fun a América, cando topamos un temporalaso ó suroeste das Azores!!!!! Afrouxaron os roblóns, sí... pero os meus!!!!!
Coma xa che contéi na comida.... Vaia pantocazos daba aquel petroleiro alemán no que fun a América, cando topamos un temporalaso ó suroeste das Azores!!!!! Afrouxaron os roblóns, sí... pero os meus!!!!!
ResponderEliminar