Mire que lle digo Don Manoel! Gana de falar outra volta do “Rabioso”,
téñolle tanta coma de saca-las moas, pero se ese é o seu gusto, por min como se
lambe os mocos. Contareille logo a historia do pai dun amigo, que me deixou
especialmente abraiado. No sei se xa lle contara antes que o “Rabioso” devecía
por ires persoalmente ao cárcere a facer as “sacas”, na procura dos presos que
ían ser paseados, asasinados aínda á
marxe da ilegalidade golpista. Tanto fora ao vello Frontón Vigués, que despois
foi o Cine Niza, á cárcere de Príncipe ou as cuadras da Garda Civil na rúa
Magallanes. Alí miraba de fite en fite as caras de terror dos detidos e tiraba
do peto un papel coidadosamente dobrado no que lía con parsimonia os nomes dos
que ían morrer aquela noite, saboreando con degoro o recendo do espanto
daqueles homes. Logo pechaba lista, facía coma se dubidara e espetáballe ao pai
do meu amigo:
- Vostede! Como se chama?- e facía como se o buscara na lista.
O “Rabioso” testaneaba e repasaba a lista unha e outra vez, ata que, polo canto
do ollo, vía desfalecer ao noso home. Entón pechaba a lista e dicíalle:
- Pois hoxe non está! – Para engadir cun sorriso cómplice – Non hai caso; xa lle tocará mañá.
Terror!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminar