xoves, 3 de novembro de 2016

Parabéns

Mire que lle digo Don Manoel! Que hoxe non quero romperlle a cabeza con ningunha das miñas teimas de sempre, que hoxe é tres de novembro e un aínda ten a súa memoria, e tal día coma hoxe fai xa corenta e cinco anos casou meu compañeiro de parrafeadas, o fillo do director do Hispano, cunha ben belida moza de prendas moi especiais, que as tiña que ter Don Manoel para cambiarlle a vostede a cabeza, que ben sabemos acó en Bouzas que vostede érache peixe moi difícil de enredar, e, mire que lle digo Don Manoel!, non por ganas de meterse cura como dicía o Trelo, que ten máis mala intención que un raposo axexando unha pita, senón por aquelas historias, Don Manoel, nas que andaba vostede metido. Pero imos ao conto; boa fora que enredando enredando acabaramos non facendo o que hoxe compre, que mire que lle digo Don Manoel e Dona Loli! Que teñan vostedes moitos mais destes días. E eu que os vexa!

2 comentarios:

  1. Sodes uns pinpins!!!! Xena e máis eu imos xa polo 49º!!! Parabéns, mozos!!!!!

    ResponderEliminar
  2. E logho... Don Manoel e Dona Loli...xa teñen edade para tales aniversarios???
    Pois daquela vaian por diante os meus PARABÉNS máis agarímosos...e coma desia a miña avoa (Gelita a Pisca, nada na Calsada de Teis) Doxe nun ano!
    Saúde compañeiros!

    ResponderEliminar