Mire que lle digo Don Manoel! Que pode ser que alguén ache paz ao visitar
un cemiterio, pero para os do meu tempo pouca paz, nin na vida nin na morte, podíamos
atopar neles! Mais ben espanto e arrepíos, que de cunetas, fosas comúns e tapias
de cemiterios está debuxada a xeografía do terror. Coma ese Pereiró da súa fermosa
foto; que, aínda que eu era ben neno, ben me lembro do malfadado xoves, 27 de
agosto de 1936, no que fusilaron nas tapias dese cemiterio a Don Heraclio
Botana, Don Emilio Martínez Garrido, alcalde de Vigo e Don Xosé Antela Conde, o
de Lavadores. E, mire que lle digo Don Manoel! Que ata na morte haiche
diferenzas! Que se os fascistas quixeron facer escarnio dos represaliados,
fusilando canda eles a un delincuente común, pola nosa parte facemos monumentos,
rúas e homenaxes aos políticos do grupo, mentres esquecemos a un médico, Waldo Gil,
e a un mestre, Apolinar Torres.
No non sei se iso quer dicir algo, pero a min antóllaseme que si!
Ningún comentario:
Publicar un comentario