Mire que lle digo Don Manoel! Que unha cousa son as liortas de nenos, aínda
as pelexas a pedradas coma as que tiñamos cos rapaces de Coia, por motivos
nunha moi claros, e outra ben distinta é o rancor, a xenreira, a repulsión polo
diferente, o odio. Pero non so polo diferente, senón polo que non toleramos de
nos mesmos, que a xente que mais odia aos maricas
son os homosexuais reprimidos, que o que mais se odia nos demais é o que non
estamos dispostos a admitir en nós mesmos. E xentes desa pelaxe hai coma pra
forrar un carro con elas, todas cortadas polo mesmo xastre; covardes, retortos
como as vergas do canizo e de poucas luces, Andan sempre en manda, seguindo a un
amo coma o rabo segue ao can. E mire que lle digo Don Manuel! Que comparar a
estas xentes coas ás feras é contalas tan grandes coma rodas de muíños, que as
feras matan por fame, e os homes denuncian, torturan e pasean por rancor, por
medo, por vinganza e envexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario