Mire que lle digo Don Manuel! Iso de que “pra saber o que é un galeguiño
dálle mandiño” non deixa de ser unha parvada coma tantas outras, que ao
“Rabioso”, como xa lle contara, non lle fixo falla ascender para ser mais máis
noxento que unha carracha. É que algún dos seus amigos son coma leña da
figueira: recia de fume, fraca de madeira, e todo o leron nos libros, que
tampouco está mal, pero telo vivido é mellor. No trinta e seis o “Rabioso” xa
era tenente, e cando escoita que a Taboada, un militante da CNT que estaba nos
grupos que intentaban loitar contra da sublevación militar, está ingresado no
sanatorio do Doutor Troncoso, porque lle rebentara unha bomba nas mans, vai
coma adoecido a detelo, sen que o Doutor Troncoso poda facer nada por impedilo.
O “Rabioso” axudado dun tal Polo, se leva a Taboada á carreteira de Balaídos e
alí dálle morte. Non sería o último paseado polo “Rabioso” pero disto xa
falareille outro día, que teño a gorxa enxoita e compre molla-la palleta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario