Mire que lle digo Don Manoel! Que tamén quero eu
darlle no día de hoxe os meus parabéns; e as grazas por darme a voz e a
palabra, por camiñar ao meu rentes, cando os demais te abandonan, por non ser
cego aos meus defectos senón pechar os ollos a eles. Nunha palabra pola súa amizade,
esa cousa misteriosa que canto mais se da mais se ten, que multiplica as
alegrías e divide as penas.
E, mire que lle digo Don Manoel! Que en demasiadas
ocasións un irmán non é un amigo pero un amigo é sempre un irmán, que te quere
aínda que sabe ben coma es. E desta concordo eu co refraneiro cando di que
aceite, viño e amigo, mellor canto mais antigo, e que todo mundo quer ter
amigos pero poucos se toman a molestia de o ser.
Eiquí un irmán, asinando a opinión do señor Mirequelledigo. Unha aperta, Manoel!!!
ResponderEliminarAmén!
ResponderEliminar