Mire que lle digo, Don Manoel!
Aínda que din por aí que “as cousas do mar non son de contar”, ben certo é que
a primeira travesía do noso gaiteiriño, camiño do Gran Sol, foi para el coma un
pesadelo. Ao sentires que o chan bulíalle baixo os pes, fóiselle de súpeto a
color da face, enchéuselle o corpo dun suor frío, e as náuseas mordéronlle as
tripas coma un can rabioso. Foi pasar a Punta Robaleira e o noso Tiniño comezar
a baleirar o pique de proa ata do primeiro leite que mamara. Os demais non
estabamos moito mellor, pero para nos era xa unha sensación coñecida.
- Para isto non hai outro remedio que as pastillas de sombra de piñeiro, rapaz! – díxolle o chistoso oficial de a bordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario