
Mire que lle digo Don Manoel! Moitas lembranzas da nenez tráeme esta paraxe,
pero tamén, agochada no medio de tanta fermosura, un calafrío polo espiñazo, e
o recendo do terror e da morte dos mártires de Alcabre, os directivos de la
Sociedade Agrícola Emilio Comesaña Sobreira, de 43 años, casado y con sete fillos,
carpinteiro; José Comesaña Pérez, de 26 años, casado y con dous fillos,
albanel, seu irmán Antonino Comesaña Pérez, de 28 años, casado e con dous fillos
tamén, e Fernando Costas Iglesias, casado e sen fillos, electricista. Apresados
o 30 de setembro do 36 por falanxistas e gardas civís, levados ao cárcere no que
converteran o Frontón da Rúa María Berdiales, e “sacados” na alborada do 6 de outubro
para ser “paseados” na Pasaxe de Vincios e enterrados en San Vicente de Mañufe.
Na inscrición da placa di:
Outra vez, outra vez o
terror!
Un día e outro día,
sen campás, sen protesta.
Galicia metrallada nas
cunetas
dos seus camiños".
Luis Pimentel
EN LEMBRANZA DOS ASESINADOS NA SUBLEVACIÓN FASCISTA DE
1936. PRAIA DE FONTES, 17 AGOSTO 2002. A VV. NOSA TERRA
Ningún comentario:
Publicar un comentario