Mire que lle digo, Don Manoel! Que a Xela, a súa Mestra
de Coro, ten tamén a súa razón en facerlles memorizar eses textos
inintelixibles coma o de Migildi,
magildi, eu nou nou, e cousas desa condición, para que manteñan en marcha o
caletre. Que por non cultivar a memoria hoxe xa ninguén sabe os afluentes do
Miño pola dereita, nin a data da batalla de Zama, nin, se me apura, o número do
seu móbil. E mire que lle digo, Don Manoel! Que aos meus anos aínda recordo os
autores da traxedia grega: Eurípides no
te Sófocles que te Esquilo; e o dos gases nobres: Hermosa Negra Ardiente Kreía que sus Xenos eran Redondos", Helio,
Neon, Argon, Kriptón, Xenon e Radon.
E as unidades da electricidade, A Don Xulio Amperio o colleron uns Ohmios, o levaron para o watio déronlle por culombio". O que teño que confesar e que non tiña nin idea
é das do seu amigo Alejo: La farola de
Laredo, para as dominantes do canto gregoriano, e Mi Sol Si-empre Re-luce Fa-stuoso para recordar as notas que cabalgan
as liñas do pentagrama, na clave de Sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario