Mire que lle digo Don Manoel! Que cando se fala de nacionalismo eu póñome serio
coma un frade de pau, e vénseme ás mentes os traballadores do mundo matándose
nas trincheiras de Ypres na primeira guerra mundial, que os mais dos
nacionalismos son de contabilidade, e moitos outros son necio-nalismos. Que eu
quero mais un nacionalismo de cidadáns, que sexa integrador, que un de razas, que procure u odio ao
alleo, ao que ten outra fala, outras tradicións ou outro color na pel.
E mire que lle digo Don Manoel, que o único nacionalismo que non me pon inquedo
coma o rabo dun lagarto é o nacionalismo musical, do que falaba fai o outro día o
seu amigo Alejo. E, mire que lle digo, Don Manoel! Que, postos a escoller, eu sonlle mais de
internacionalismos como a dos Brigadistas que viñeron a loitar ao noso lado
contra o fascismo, que de nacionalismos coma o de Vicente Risco. E, xa
postos, loitador pola soberanía das persoas contra do capital, que pouco soberano se pode
ser cando tes dobrar o pescozo para poder dar de comer aos teus, cando outros
aspiran a controlar o teu corpo e aínda o teu pensamento.
Onde hai que asinar?????
ResponderEliminar