venres, 23 de decembro de 2016
Xaime Isla e os Ultreias
Mire
que lle digo Don Manoel! Que cando lle falaba dos Ultreias esquecera que Xaime
Isla, vigués de adopción coma vostede mesmo, foi o seu profesor de Dereito e
Economía de Empresa na Escola de Peritos! Don Xaime dáballe unha grande
importancia ás experiencias vividas neste grupo xuvenil, sinaladamente ás esculcas
e contactos coa xentes do campo, e as estadías e visitas na Misión Biolóxica de
Galicia. Aínda que o primeiro alento cara ao amor a lingua galega veulle coma a
tantos outros do alén mar, da man do seu irmán Ramiro, os obxectivos de “repensar Galicia, proxectar Galicia, facer
Galicia” que foron o facho da súa vida naceron daquel movemento de “educación patriótica” E mire que lle
digo Don Manoel!, que a min, que a palabra patriota dáme arrepíos, gústame
pensar que aínda organizacións tan sospeitosas coma a dos Ultreias, poden
servir para facer agromar nos peitos dos bos e xenerosos un sincero amor á
terra.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario