Mire que lles digo, amigos que estanme a ler nesas cousas modernas nas que
anda o meu Don Manuel! Que hoxe que están coma reis nunha cesta agardando polo
cabo do ano, e coma as miñas ledicias son as ledicias dos meus amigos, e síntome
un pouco parte delas, e porque non todo van ser historias tráxicas, quero
deixarlles, nesta que chaman noitevella, unhas cousas desas coas que anda a
argallar a rapazada. Chámase:
OS DEZ “CARALLOS” MAIS FAMOSOS DA HISTORIA DA
HUMANIDADE
Se a escrita ten os seus signos de puntuación que axudan
á correcta lectura e interpretación dos textos, a oratoria ten os seus, sendo o
carallo o mais notable e polisémico deles, acaído non soamente para o encomio coma
o vituperio, senón aínda para outras actividades mais pracenteiras.
1.- ¿Cándo carallo vai parar de chover? (Noé, 5000
A.C.).
2.- !Deixa de enredar co carallo na bañeira! (A
nai de Arquímedes; 212 A.C.)
3.- ¡Vai unha calor do carallo! (Xoana de Arco; 1431)
4.- ¿E cando carallo imos chegar? (Martín Alonso
Pinzón a Cristóbal Colón; 1492).
5.- ¡Vou pinta-lo teito ese polo carallo enriba!
(Miguel Ángel; 1566).
6.- ¿E quén carallo es ti que ves sorprender os meus
secretos? (Julieta a Romeo; 1595).
7.- ¿De ónde carallo saíron todos eses indios?
(Xeneral Custer; 1887)
8.- ¿Por ónde carallo entra tanta auga? (Capitán
Smith, SMS Titanic; 1912).
9.- Todos somos uns ignorantes do carallo, pero en
cousas diferentes (Einstein; 1938).
10.- E como carallo fago agora para ires a Suíza sen
pasaporte? (Luis Bárcenas, Febrero
2013).
O carallo é que non entendo nada de carallos!!!! (Caralladas populares noiesas século XII)
ResponderEliminarO carallo, é que hoxe erguemonos noutro ano D. Maoel
ResponderEliminar(Chus Láuzara, 1 Xaneiro 2018)