Mire que
lle digo Don Manuel! Que xa o dicía neurocientista Iván Izquierdo, somos o que
recordamos, somos a nosa memoria, e cando ela marcha, xa non somos, só estamos.
E ven isto a conto porque veño da Residencia, de visitar ao meu compañeiro de
mus, e mire que lle digo Don Manuel, que fun a estar e non estiven. Que chegueime
a il, e peteille no lombo, e era o seu lombo forte que tantas veces batín con
afecto. Que collín as súas mans, e eran ás súas mans traballadas polos anos no
mar. Que mireille pra cara, e era a súa cara, con todas e canda unha das
engurras que a vida foi labrando nela, pero cando me debrucei nos seus ollos el
xa non estaba alí, e detrás dos ollos non había mais que o baleiro. E mire que
lle digo Don Manuel que eu, na miña xa larga vida, pasei moitos padecementos, e
aturei moitos sufrimentos, pero un dos peores foi aquela visita. Fuxín da
Residencia como se me levara o demo, a pesares que que aínda faltaba más de
media hora para o próximo autobús, pero sabía que non era quén de seguir
asomado naqueles ollos detrás dos que xa non estaba o meu amigo e compañeiro de
tantas mareas. E mire que lle digo Don Manuel! Estou certo de que se gastaramos
en estudar esta enfermidade a metade do que tiramos en aeroportos sen avións, pazos
de congresos sen congresos, cidades da cultura baleiras de actividade cultural,
e cousas destas, outro galo había de cantar.
Dedicado a Rafa Laso, lembrando o seu libro “Memoria
contra Alzheimer”, Xerais, 2008
Agradecido pola dedicatoria, un grande abrazo! RLL
ResponderEliminarAgradecido pola dedicatoria, un grande abrazo! RLL
ResponderEliminarTristísima la situación de los enfermos de Alzheimer y sus familiares. Es profundamente desalentadora. Sólo quién pasa por ello lo sabe.
ResponderEliminar