Mire que lle digo Don Manuel! Din que cando o Cristo, que estaba percorrendo o
mundo enteiro, chegou ata nosa terra, andou e andou por ela ata que, canso de andar,
detívose en Teixido, preto do fin do mundo. Para recuperar forzas tomou unha
mazá dun árbore, non está documentado que fora unha maceira pero tal debera
ser, e cando a abriu a mazá atopou nela a Santo André. O Santo, que era un
pouco choricas, queixouse o Cristo da súa situación, esquecido e abandonado
naquelas afastadas terras. O Cristo compadeceuse del, e prometeulle que a súa
romaría sería a máis visitada da terra, xa que ninguén, nin morto, nin vivo, deixaría de
acudir a ela. “Queda aí Santo André, que quen no veña de vivo unha vez virá de
morto tres”
E mire que lle digo Don Manuel. Que eu polo si ou polo non cos santos quero
estar ben, e alí fun, e ata merquei os cinco sanandreses, que outros din que son oito e
aínda outros que sete. Unha flor para ter sorte no amor; unha man para levar ben os
estudos; unha sardiña para que nunca falte sustento, unha barca para que as
viaxes conclúan felizmente, unha escaleira para mellorar no traballo, unha
pomba da paz, a coroa de San Andrés, e un homiño para as boas mozas. Como din a
cantiga:
Meu divino San Andrés
que estás na alta montaña,
se este ano vin solteira
pro que ven, virei casada.
E responden os homes:
Meu divino San Andrés
non che veño pedir pan,
veño pedirche unha moza
que faga tremer o chan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario