Mire que lle digo Don Manoel! Que xente mala lle houbo sempre, pero nunca
tanto se fixo notar. Véuseme isto ás mentes con todo o que está a pasar con
isto das moitas tarxetas e das poucas conciencias, que semella que sen o medo
ao inferno a xente se move ás apalpadelas na vida. Que deus nos libre do día das loanzas, porque será o sinal de que
un está morto, pero eu ben lémbrome doutro Don Manuel, do que vostede é
herdeiro, que ben parecía que nacera para axudar aos demais, mentres hoxe calquera
galopín deses de terno e garabata te endosa unhas preferentes para salvar o seu
cu. Mire que lle digo Don Manoel! Que eu tampouco son dos que di se pode confiar
na xente coma nunha mula, pero tamén sei que unha persoa honrada tampouco é aquela
que nunca roubou porque tampouco tivo ningunha oportunidade de roubar, senón aquela
que si que as tivo, e moitas, e nono fixo. E destes aínda algún hai. E algún
tiven o gusto de coñecer.
Una especie en vías de extinción.
ResponderEliminarCerto, Manoel!!!! O mundo está cheo de boa xente, pero o lixo impide vela e as silveiras da corrupción afogan o seu alento!!!
ResponderEliminar