domingo, 9 de outubro de 2016
Mirequelledigo conta o seu nacemento.
Nacín,
mire que lle digo, Don Manoel, dunha conversa despois dun concerto. Son daquela fillo da
música e da amizade. Son home tranquilo e pouco amigo de facer as soltas antes
de ter as cabras. As veces, cando me enche a carraxe do moito papo que teñen
algúns, deixo de ser calado coma un peto e doulle a roncha a Don Manuel, que
sempre ten o seu aquel para aturarme. Estes días decidiu que xa era tempo de
sazón e que cada moucho au seu souto. Asín que aquí me tedes que un home é un
home e un ghato é un bicho.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario