martes, 11 de outubro de 2016
Para o meu Maxi Olariaga
Mire que
lle digo Don Manuel! Que o seu amigo o Don Maxi tenlle moita razón cando afirma
que na Transición houbo mais de transacción que de transgresión. Eu nono diría
tan ben, pero tampouco estoulle tan afeito coma o seu amigo Maxi a gobernar palabras
tan requintadas, pero lle collo ben o sentido. E venme ás mentes a cara do Carnicerito de Málaga, queixumeiro coma unha
galiña choca, dando, moi ao seu pesar, a orde de tirarlle a rolla as botellas
de champan que levaban días arrefriando na neveira. E os da camisa azul, xa nunca mais prietas las filas, uns moi atarefados trafegando
de aquí para aló para parecer aguias en troques de galiñas, e outros rabeando
coma cans doentes aos que lle quitan o oso. E tamén aos de París ledos coma
cucos de poder volver a España, pasando a rolla do centralismo democrático por
riba das opinións dos do interior, que houbo que lle botar moitas tragadeiras a
todo aquilo da rojigualda, do rei, e tantas cousas mais. E, mire que lle digo,
Don Manoel, que daqueles pos veñen estes lameiros, de ter transixido de mais
vennos este estar coma perdidos, trascaburrados, mirando coma tanto padecer non
serviu para nada mais que para que todo siga igual; os probes mais probes e os
ricos mais ricos, que para a ovella non hai como o carneiro, e entre broma e
broma a verdade asoma.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Toda la razón. Cómo dominas el gallego...!
ResponderEliminar