Mire que lle digo, Don Manuel! Sei un conto que venlle ao día de hoxe como
o unto ao caldo. O conto di que nunha das dependencias do Memorial do
Holocausto de Xerusalén hai dúas portas de saída. Unha leva o letreiro de “Persoas
sen prexuízos raciais” e o outro “Persoas con prexuízos raciais”. Todos tentan
saír pola primeira porta, pero non poden facelo porque está pechada con chave. Non
hai porta para as persoas sen prexuízos raciais porque non hai persoas sen
prexuízos raciais. O conto ten o seu aquel porque todos pensamos que nonos temos;
polo menos ata que a nosa filla nos traia a casa ao seu noivo negro, ou perdamos
o noso traballo en beneficio dun marroquí, un romanés nos pida na entrada do
súper ou unha banda de albano kosovares saquee o chalé dun honrado empresario. Mire
que lle digo, Don Manuel! Que aínda que os galegos coma pobo de emigrantes, saibamos
moito por experiencia propia de seren discriminados, postos nunha destas encrucilladas,
os mais son de dáme dos meus aínda que sexan xudeus.
Hoxe foi para o franquismo o “Dia da Raza” Para min é o días das razas, de,
como dicía Pete Seeger, “my rainbow race”, a miña raza de arco da vella!
Sí que es verdad!
ResponderEliminar