sábado, 8 de outubro de 2016
Remexendo no lixo
Mire que
lle digo Don Manuel! Que tal como estase poñendo a vida na cidade non me
sorprende que os que teñan aldea volvan para ela. Que as cidades teñen moitas
cousas boas pero os desgobernos están a acabar con elas. A sanidade, a
educación, a cultura, e agora a posibilidade de gaña-la vida co traballo
honrado. Que a min lévanme tódolos demos cando vexo tanta xente obrigada a remexer
no que os demais tiran, que eu na miña vida mirei tanta miseria salvo nos años
da guerra, que en calquera recanto de Galicia houbo sempre unha ola de caldo
para quentar un bandullo arrefriado. E logo nos din que iso é cousa da crise!,
coma se non supéramos que é cousa dos que nunca se fartan, deses furafollas que
son coma as cascudas, que non se fan ver pero que están aí, rilla que rilla ata
deixarnos nos ósos. E, mire que lle digo Don Manuel! Que xa sei que nin na
aldea voume librar deles, pero cando están alá, coma veñen con ganas de papatoria
ata parecen humanos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario