Mire que
lle digo, Don Manoel! As cousas que vostede
acha, nese que se lle deu en chamar “Faiado máxico”, son motivo de admiración
de propios e estraños! E abofé que non é esta a mais cativa! O programa dunha
das maiores e mais significativas concentracións de cantantes, convocados arredor
dun acto político, reunidos durante tres días nos terreos do antigo cuartel da
Montaña! E cunha ilustración do grande Antonio Saura na cuberta! Vinte e seis
organizacións convocantes, dende a CNT e CC.OO, dende Izquierda Republicana a Euskadiko
Eskerra, dende o PCE(ml) ata o PCE, xunguidos na loita pola recuperación da memoria
colectiva. E algúns dos mais grandes intelectuais, Alberti, Estellés, Pierre
Vilar, Buero Vallejo, Gala, Carlos Álvarez, “cantaores”, José Menese, Enrique
Morente, José Dominguez “El Cabrero”, cantautores latinoamericanos coma Soledad
Bravo ou Rafael Amor, casteláns coma Luis Eduardo Aute, Javier Krahe, Joaquin
Sabina, Elisa Serna e Pablo Guerrero, cataláns coma Raimon, Lluis Llach, Pi de
la Serra, Serrat, Joan Isaac e María del Mar Bonet, canarios coma Mestisay e Los
Sabandeños, vascos coma Urko, aragoneses
coma Labordeta, e galegos de nazón ou corazón, coma Brath, Na Lua, Suso Vaamonde
e Amancio Prada. Todos eles xuntos e solidarios, que naquelas anos a ilusión en
que sería posible construír un pais libre, democrático e mellor, era tan grande
e tan radical que todos pensabamos antes no que tiñamos en común que no que nos
diferenciaba. Coma cantou Labordeta:
Habrá un día
en que todos
al levantar la vista,
veremos una tierra
que ponga libertad.
Ningún comentario:
Publicar un comentario